Nabiza e Grelo

Nabiza e Grelo

Alimentos indispensables na cultura galega, imprescindibles para preparar o caldo galego ou o lacón con grelos. En Galicia, os grelos contan con Indicación Xeográfica Protexida.
Un estudo do CSIC cualifícaos como un alimento importante polo seu valor nutritivo, antioxidante e anticanceríxeno.
As nabizas son as primeiras follas do nabo (Brassica rapa), que crecen ao inicio do cultivo.
Os grelos son as follas máis grandes e que posteriormente anunciarán o crecemento das flores, de cor amarela moi característica e parecidas ás da mostaza.
Os grelos son ricos en proteínas, fibra, minerais como potasio, ferro ou calcio e vitaminas como folatos, A, E e C, ademais doutros compostos bioactivos. Os grelos son ricos en glucosinolatos, mentres que as nabizas conteñen moitos compostos fenólicos.
Estes compostos orgánicos e bioactivos posúen actividade antioxidante e poden contribuír a mellorar a saúde e previr enfermidades.
Ademais achegan moi poucas calorías.