Verza Galega

 

É unha variedade da Brassica oleracea. Utilízase frecuentemente para facer cocidos, con patacas, produtos derivados do porco e outros ingredientes típicos de cada zona.
A verza constitúe un cultivo importante no sistema agrícola tradicional galego. As follas máis tenras aprovéitanse para consumo humano en cocidos ou caldos, mentres que as follas máis maduras se usan para forraxe animal.
O estudo realizado por investigadores do CSIC da Misión Biolóxica de Galicia (MBG), en Pontevedra, desvela que, malia que todas as brásicas posúen compostos e substancias beneficiosas para a saúde -segundo desvelaron estudos recentes-, a verza é a que conta con maior poder antioxidante de todas elas.