Acelga

Acelga

Acelga

É unha verdura moi apreciada xa que achega vitaminas, fibra, acedo fólico e sales minerais cun alto contido de auga (48%). As follas exteriores, que adoitan ser as máis verdes, son as que conteñen maior cantidade de vitaminas e carotenos.

Son moi ricas en Vitamina A, moi importante para manter unha pel sa, unha boa visión, un cabelo saudable, o sistema esquelético e o inmunolóxico. A Vitamina A posúe propiedades antioxidantes, polo que nos protexe ante os radicais libres, as infeccións e as enfermidades dexenerativas.

As acelgas teñen gran contido en auga, polo que nos hidratan cando as inxerimos.

O seu contido en Vitamina C axúdanos a absorber o ferro, combater aos radicais libres, repara e mantén en bo estado os ósos, dentes e tecidos, axuda na cicatrización de feridas e participa en moitas funcións no noso organismo.