Colaboracións

Rena Pérez Grossman

Americana de nacemento e cubana de adopción, Rena ten a xentileza de compartir o seu “Manual de Vexetais” (elaborado na época na que traballaba no Minaz, Ministerio do azucre de Cuba), con Verdiño Atlántico.

Este traballo foi a achega que Rena fixo, ante a necesidade de alimentar dende o Minaz a 500.000 persoas; nun momento no que ademais non era habitual o consumo de vexetais entre a poboación.

Rena Pérez colaborou tamén en varios programas de desenvolvemento da FAO (Food and Agriculture Organization-Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura), algúns dos cales fan referencia ao cultivo do arroz.

Dende Verdiño Atlántico esperamos que lle saquedes partido a este interesante documento.

E... Moitas grazas Rena!!