POR QUE VERDIÑO?

  • Verdiño Atlántico leva a horta á túa casa, proporcionando alimentos sans para satisfacer os padais máis esixentes, recuperando sabores e aromas tradicionais
  • Dende Verdiño Atlántico pretendemos promover un cambio no modelo de consumo actual xa que o comer de forma saudable debe estar ao alcance de todos
  • Os nosos produtos recóllense en estado óptimo de maduración, poucas horas antes de seren entregados
  • As nosas hortas atópanse situadas en puntos estratéxicos da comunidade galega; ámbitos libres de contaminación e paisaxisticamente incomparables
  • Investigamos e dispoñemos de campos de probas para conquerir as mellores variedades que se adapten ao noso clima e ao noso solo. Pensamos que deste xeito xurdirán menos problemas na evolución dos nosos cultivos. Neste proceso, participamos todos: Agricultores e técnicos.